Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

OFERTA DE DOUS POSTOS DE TRABALLO NO CONCELLO DA BOLA

27 Mai 2020

Son para oficiais de primeira

O concello da Bola publica no BOP do 27 de maio que, por resolución da alcaldesa, con data de 20 de maio de 2020, aprobáronse as bases para a selección e posterior contratación de dúas/dous oficiais de primeira. A duración do contrato: dende o 01/06/20 ao 31/12/20 e a clase de persoal é laboral temporal. O prazo de presentación das solicitudes será de tres días hábiles seguintes ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia, no rexistro xeral do concello, en horario de 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres, ou por calquera dos medios previstos na Lei. Máis información nas bases da convocatoria que poderán ser consultadas no concello da Bola en horario de oficina.

Volver