OFERTA DE DOUS POSTOS DE TRABALLO NA ENTIDADE LOCAL DE BERAN
Son dous postos de pións/pioas
A entidade local menor de Berán fai pública no BOP do 3 de maio a convocatoria para a contratación laboral que se indica a continuación, segundo as bases aprobadas pola Xunta Veciñal da Entidade Local Menor de Berán na sesión realizada o día 26 de abril de 2023:
1. Número e denominación das prazas: 2 traballadores/as para prestar servizos como pións/pioas de servizos múltiples 2. Modalidade de contratación: contrato laboral temporal para a mellora da ocupabilidade e a inserción laboral, a xornada completa (40 horas semanais)
3. Duración do contrato: ata fin de obra (2 meses e 26 días)
4. Sistema de selección: concurso-oposición
5. Lugar e prazo de presentación de instancias: no rexistro da entidade Local Menor de Berán, situado na casa do concello de Leiro, de 9.00 a 14.00 h, ou por calquera dos medios admitidos en dereito, durante o prazo de cinco días hábiles, que contarán desde o seguinte á publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Ourense.
6. Exposición das bases: o texto completo das bases de selección atópase á disposición do público no Rexistro da Entidade Local Menor de Berán, situado na casa do concello de Leiro, na páxina web (http://www.concellodeleiro.com/) e na sede electrónica (https://leiro.sedelectronica.es/)