Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

OFERTA DE DOUS POSTOS DE TRABALLO NA DEPUTACIÓN DE OURENSE

03 Xun 2020

Son para técnic@s funcionari@s interinos

A deputación de Ourense fai pública no BOP do 3 de xuño as bases convocatoria como persoal funcionario interino, de dúas/dous técnicos/as para a xestión e execución dos proxectos 0531_Emprende_Makers_1_E, 0538_Fronteira_Esquecida_1_E e 0636_Nova_TFE_1_E, que foron aprobados o 28/03/2019 en segunda convocatoria por decisión do Comité de Xestión do Programa de cooperación Interreg V-A España – Portugal (POCTEP) 2014-2020, que están cofinanciados polo Feder ao 75% e as súas retribucións serán as correspondentes ao subgrupo A2.

O nomeamento interino será segundo o procedemento ordinario previsto no artigo 4º da ordenanza. O período de duración da interinidade dos técnicos medios seleccionados finalizara o 30 de xuño de 2021, cunha posible prórroga de 6 meses ata o 31 de decembro de 2021, tras o informe favorable. O persoal necesario para a xestión dos proxectos son 2 técnicos, nivel 24, cun coste bruto anual, incluída Seguridade Social, de 50.580,77 €, en xornada completa, de maneira que dediquen un 33,33 % da xornada laboral a cada proxecto.

Se queres descarregar as bases do proceso abre o pdf que está debaixo da fotografía

Volver