OFERTA DE DOUS POSTOS DE OFICIAIS DE 1ª NO CONCELLO DA BOLA
Son contratos deica a fin do 2021
O concello da Bola fai público no BOP do 25 de marzo que, por resolución da alcaldesa, do día 18 de marzo de 2021, aprobáronse as bases para a selección e posterior contratación de dous oficiais de 1ª.
Duración do contrato: dende o 01/04/21 a 31/12/21 Clase de persoal: laboral temporal .
Prazo de presentación das solicitudes: nos tres días hábiles seguintes ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia, no rexistro xeral do concello en horario de 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres, ou por calquera dos medios previstos na lei.Máis información nas bases da convocatoria que poderán ser consultadas no concello da Bola en horario de oficina.

