OFERTA DE DOUS POSTOS DE AUXILIARES DE AXUDA NO FOGAR NO CONCELLO DE BALTAR
Trátase de contratos temporais a xornada parcial
O concello de Baltar fai pública no BOP do 14 de setembro a convocatoria no proceso selectivo para a contratación laboral que se indica a continuación, segundo as bases aprobadas por resolución da Alcaldía de data 09/09/2019:
1.- Número e denominación das prazas: 2 auxiliares de axuda a domicilio.
2.- Modalidade de contratación: contrato laboral temporal a xornada parcial (20 horas).
3.- Duración do contrato: ata o 15 de xaneiro de 2020.
4.- Sistema de selección: concurso de méritos.
5.- Retribucións brutas mensuais: 525,00 €/mes (incluídos pppe).
6.- Lugar e prazo de presentación de instancias: 3 días hábiles contados dende o día seguinte á publicación deste anuncio no BOP, no Rexistro do Concello de Baltar, en horario de 9.00 a 14.00 horas, ou por calquera dos medios admitidos en dereito.
7.- Exposición das bases: o texto completo das bases de selección están publicadas no taboleiro de anuncios do concello e na sede electrónica municipal.

