Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

OFERTA DE DOUS CONTRATOS DE PIÓNS FORESTAIS NO CONCELLO DE RAIRIZ DE VEIGA

10 Xul 2020

Son contratos a xornada completa de tres meses de duración

O concello de Rairiz de Veiga publica a convocatoria para a contratación laboral que se indica a continuación no BOP do 10 de xullo, segundo o decreto da alcaldesa con data 22/06/2020:
Pións forestais: número de prazas: 2
Denominación do posto: pión forestal.
Contrato laboral que se vai formalizar: contratación laboral temporal para obra ou servizo determinado.
Xornada laboral: completa, 40 horas semanais, de luns a venres.
Sistema de selección: concurso de méritos.
Duración do contrato: 3 meses.
Salario bruto mensual: 984,33 € (incluídos todos os conceptos salariais e a parte proporcional das pagas extraordinarias).
Prazo e lugar de presentación de solicitudes: 5 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP, no rexistro xeral do concello en horario de 09.00 a 14.00 horas.O texto íntegro das bases de selección está publicado no taboleiro de anuncios do concello e na sede electrónica do concello de Rairiz de Veiga: https://rairizdeveiga.sedelectronica.gal/info

Volver