Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

OFERTA DE DEZ POSTOS DE TRABALLO TEMPORAIS NO CONCELLO DOS BLANCOS

17 Xun 2020

Formarán dúas brigadas contra incendios forestais

O concello dos Blancos, por decreto da alcaldía, con data de 11 de xuño de 2020,aprobou as bases específicas para a selección e posterior contratación de dez traballadoras/es para a formación de dúas brigadas de prevención e defensa contra incendios,e publicou no BOP do 17 de xuño ao abeiro do convenio de colaboración subscrito entre a consellaría do Medio Rural e do Mar e o  concello dos Blancos para a participación na prevención e defensa contra os incendios forestais mediante a actuación de brigadas de prevención e defensa.

Denominación dos postos: dúas/dous xef@s de brigada, dúas/dous pións condutoras/es con carné B e seis pións de brigada

Duración do contrato: tres meses.

Clase de persoal: laboral temporal.

Prazo de presentación de solicitudes: nos sete días naturais seguintes ao da publicación do anuncio da  convocatoria no BOP, no rexistro xeral do concello, en horario de 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres. Máis información nas bases específicas da convocatoria que poderán ser consultadas no concello dos Blancos en horario de oficina e na sede electrónica do concello: osblancos.sedelectronica.gal

Volver