OFERTA DE DEZ POSTOS DE TRABALLO TEMPORAIS NO CONCELLO DE VILARDEVOS
Farano mediante un concurso oposición
A alcaldía do concello de Vilardevós, mediante a resolución do 10 de xuño de 2020, aprobou as bases ás que se axustará o concurso-oposición para seleccionar e contratar temporalmente a dúas/dous xefas/es de brigada, dúas/dous pións-condutoras/es e seis pións. Os/as interesados/as poderán presentar as súas solicitudes no rexistro do concello de Vilardevós, de 9.00 a 14.00 horas, durante o prazo cinco días hábiles seguintes ao da publicación deste anuncio no BOP. As solicitudes recollerán os requisitos establecidos nas bases que se atopan a disposición do público no taboleiro de anuncios do concello e na sede electrónica do concello http://vilardevos.sedelectronica.gal

