Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

OFERTA DE DEZ POSTOS DE TRABALLO TEMPORAIS NO CONCELLO DE VIANA DO BOLO

12 Xul 2021

Formarán as brigadas contra incendios forestais

O concello de Viana do Bolo fai pública no BOP do 12 de xullo a convocatoria do proceso selectivo de persoal laboral temporal mediante o sistema de concurso-oposición libre para contratar brigadas de prevención, vixilancia e defensa contra os incendios forestais 2021
Proceso selectivo
Mediante a Resolución da Alcaldía n.º 2021-0334, do 6 de xullo, aprobáronse as Bases e convocatoria do proceso selectivo de persoal laboral temporal mediante o sistema de concurso-oposición libre para a formación de dúas brigadas de prevención e extinción de incendios forestais que prestarán servizo no concello de Viana do Bolo, ao abeiro da segunda addenda ao convenio interadministrativo subscrito entre a consellería do Medio Rural e entidades locais para a participación na prevención e defensa contra incendios forestais durante o ano 2020, cofinanciado parcialmente co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento (FEADER) no marco do PDR de Galicia 2014-2020, co seguinte detalle:

• Posto de traballo: xefe/a de brigada; núm. de prazas: 2; duración: 3 meses; retribucións brutas mensuais: 1.217,88 € (incluídas PPEE)
• Posto de traballo: peón/peoa de brigada-condutor/a; núm.de prazas: 2; duración: 3 meses; retribucións brutas mensuais: 1.108,69 € (incluídas PPEE)
• Posto de traballo: peón/peoa de brigada; núm. de prazas: 6; duración: 3 meses; retribucións brutas mensuais: 1.108,69 € (incluídas PPEE)
As bases da convocatoria atópanse expostas ao público, á disposición das persoas interesadas, nas oficinas municipais, situadas na rúa Constitución, 14, Viana do Bolo, así como no taboleiro de anuncios, na sede electrónica deste concello [https://vianadobolo.sedelectronica.gal/info.0] e na web www.vianadobolo.gal. O prazo para presentar as solicitudes será de 5 días hábiles, que contarán desde o seguinte ao de publicarse este anuncio no Boletín Oficial da Provincia.

Volver