Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

OFERTA DE DEZ POSTOS DE TRABALLO TEMPORAIS NO CONCELLO DE TRASMIRAS

08 Xul 2019

Formarán dúas brigadas de prevención e defensa contra incendios forestais

O concello de Trasmiras fai público no BOP do 8 de xullo, por decreto da alcaldía, con data 02 de xullo de 2019, a aprobación das bases específicas para a selección e posterior contratación de dez traballadores para a formación de dúas brigadas de prevención e defensa contra incendios, ao abeiro do convenio de colaboración subscrito entre a consellería do Medio Rural e do Mar e o concello de Trasmiras para a participación na prevención e defensa contra os incendios forestais mediante a actuación de brigadas de prevención e defensa.
- Denominación dos postos: dúas/dous xefas/es de brigada; e oito pións de brigada con dispoñibilidade de condución.
- Duración do contrato: tres meses
- Modalidade de contratación: contrato laboral temporal por obra ou servizo determinado a tempo completo.
- Sistema de selección: concurso-oposición
- Prazo de presentación de solicitudes: en los cinco días hábiles seguintes ao da publicación do anuncio de convocatoria no BOP, no rexistro xeral do concello en horario de 9:00 a 14:00 horas de luns a venres. Máis información nas bases específicas da convocatoria que poderán ser consultadas no Concello de Trasmiras en horario de oficina e na sede electrónica: http//:trasmiras.sedelectronica.gal.

Volver