Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

OFERTA DE DEZ POSTOS DE TRABALLO TEMPORAIS NO CONCELLO DE SANDIÁS

05 Xun 2021

Formarán dúas brigadas contra incendios forestais

O concello de Sandiás, unha vez aprobadas as bases de selección para a contratación de persoal para dúas brigadas de prevención e defensa contra incendios forestais para o exercicio 2021, fai público no BOP do 5 de xuño o resumo da convocatoria para coñecemento xeral e chamamento ao concurso-oposición (convenio coa Xunta para a prevención e extinción de incendios forestais, cofinanciado polos fondos FEADER):

1. Número e denominación das prazas:

- 8 traballadores/as como pións/as de brigada de prevención e defensa contra incendios forestais, con disposición de condución

- 2 traballadores/as como xefes/as de brigada de prevención e defensa contra incendios forestais

2. Modalidade de contratación: contrato laboral temporal por obra/ servizo determinado, a tempo completo

3. Duración do contrato: tres meses

4. Sistema de selección: concurso-oposición

5. Prazo e lugar de presentación das solicitudes: ante a necesidade da contratación e cumprimento dos prazos de xustificación da subvención e realización do servizo, cinco días hábiles, que contarán desde o seguinte ao de publicarse este anuncio no BOP; no Rexistro Xeral do concello, en horario de 9.00 a 14.30 h (se o día en que finalice o prazo de presentación das solicitudes fose sábado ou día inhábil, o prazo finalizará o primeiro día hábil seguinte)

6. O texto íntegro das bases de selección publicarase no taboleiro de anuncios do concello de Sandiás, situado nas oficinas municipais, na súa web (www.sandias.es ) e na sede electrónica (sandias.sedelectronica.gal)

7. Os anuncios sucesivos publicaranse exclusivamente na web do concello (www.sandias.es ), na sede electrónica (sandias.sedelectronica.gal) e no taboleiro de anuncios do concello de Sandiás

Volver