Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

OFERTA DE DEZ POSTOS DE TRABALLO TEMPORAIS NO CONCELLO DE MUIÑOS

12 Xun 2020

Formarán dúas brigadas de prevención e defensa contra incendios forestais

O concello de Muiños fai pública no BOP do 12 de xuño a convocatoria para a contratación laboral que se indica, segundo as bases aprobadas por resolución da alcaldía con data 9 de xuño de 2020:

1.- Número e denominación das prazas (convenio de colaboración coa consellaría de Medio Rural): dúas/dous xef@s de brigada, dúas/dous pións condutor@s e seis pións forestais para a formación de dúas brigadas de prevención e defensa contra incendios forestais.

2. Modalidade de contratación: contrato laboral temporal por obra ou servizo determinado a xornada completa.

3.- Duración do contrato: 3 meses.

4.- Sistema de selección: concurso-oposición.

5.- Prazo e lugar de presentación de instancias: nos cinco días hábiles seguintes ao de publicación deste anuncio de convocatoria no BOP, no rexistro xeral do concello en horario de 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres, ou por calquera dos medios admitidos en dereito.

6.- Exposición de bases: o texto completo das bases de selección está publicado no taboleiro de anuncios, na páxina web do concello (concellomuinos.com) e na sede electrónica deste concello [http://concellomuinos.sedelectronica.gal].

Volver