OFERTA DE DEZ POSTOS DE TRABALLO TEMPORAIS NO CONCELLO DE MUIÑOS
Son contratos de tres meses de duración
O concello de Muiños fai público no BOP do sábado 10 de xuño a convocatoria para a contratación laboral que se indica, segundo as bases aprobadas por Acordo da Xunta de Goberno Local do 7 de xuño de 2023:
1. Número e denominación das prazas: (convenio de colaboración coa consellaría do Medio Rural): 2 xefes/as de brigada, 2 pions/pioas condutores/as e 6 pions/pioas forestais para a formación de dúas brigadas de prevención e defensa contra incendios forestais.
2. Modalidade de contratación: contrato laboral de duración determinada vinculado á programas financiados con Fondos Europeos (disposición adicional quinta do Real Decreto-lei 32/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a reforma laboral, a garantía da estabilidade no emprego e a transformación do mercado de traballo).
3. Duración do contrato: 3 meses.
4. Sistema de selección: concurso-oposición.
5. Prazo e lugar de presentación de instancias: nos cinco días hábiles seguintes ao de publicación do presente anuncio de convocatoria no BOP, no rexistro xeral do concello, en horario de 9.00 a 14.00 horas, de luns a venres, ou por calquera dos medios admitidos en dereito.
6. Exposición de bases: o texto completo das bases de selección está publicado no taboleiro de anuncios, na páxina web do concello ( http://www.concellomuinos.com) e na sede electrónica deste concello: [ http://concellomuinos.sedelectronica.gal ].