OFERTA DE DEZ POSTOS DE TRABALLO TEMPORAIS NO CONCELLO DE CUALEDRO
Formarán a brigada antiincendios forestais
O concello de Cualedro fai pública no BOP do 21 de xuño a convocatoria de selección de persoal para a provisión dos seguintes postos de traballo: 2 xefas/es de brigada, 2 pións-condutoras/es e 6 pións. A alcaldía, mediante resolución do 19 de xuño do 2019, aprobou as bases ás que se axustará o concurso-oposición para seleccionar e contratar temporalmente a 2 xefas/es de brigada, 2 pións-condutoras/es e 6 pións. Os/as interesados/as poderán presentar as súas solicitudes no rexistro do concello de 9:00 a 14:00 horas, durante o prazo de cinco días hábiles seguintes ao da publicación deste anuncio no BOP. As solicitudes recollerán os requisitos establecidos nas bases, que se atopan a disposición do público no concello e na páxina web www.cualedro.es

