Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

OFERTA DE DEZ POSTOS DE TRABALLO TEMPORAIS NO CONCELLO DE CUALEDRO

05 Xun 2020

Trátase dun concurso oposición

O concello de Cualedro fai pública a convocatoria de selección de persoal para a provisión dos seguintes postos de traballo: dúas/dous xef@s de brigada, dous pións-condutores/as e seis pións

A alcaldía, mediante a resolución do 2 de xuño de 2020, aprobou as bases ás que se axustará o concurso-oposición para seleccionar e contratar temporalmente dúas/dous xef@s de brigada, dous pións-condutores/as e seis pións.

Os/as interesados/as poderán presentar as súas solicitudes no rexistro do concello de 9:00 a 14:00 h, durante o prazo dos cinco días hábiles seguintes ao da publicación deste anuncio no BOP.

As solicitudes recollerán os requisitos establecidos nas bases, que se atopan a disposición do público no concello e na páxina web www.cualedro.es

Volver