Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

OFERTA DE DEZ POSTOS DE TRABALLO TEMPORAIS NO CONCELLO DE CALVOS DE RANDÍN

11 Xun 2021

Formarán dúas brigadas forestais

O concello de Calvos de Randín fai pública a convocatoria para a contratación laboral de 2 capataces ou capatazas, 2 pións condutores/as, 6 seis pións, segundo as bases aprobadas por resolución da alcaldía do 24/05/2021:

1.º Número e denominación das prazas:2 capataces ou capatazas, 2 pións condutores/as e 6 pións
2.º Modalidade de contratación: contrato laboral a xornada completa
3.º Duración do contrato: tres meses
4.º Sistema de selección: concurso de méritos
5.º Lugar e prazo de presentación das solicitudes: 5 días hábiles, contarán desde o seguinte ao de publicar este anuncio no BOP (se o último día for sábado ou domingo, pasará ao luns seguinte), no Rexistro do Concello de Calvos de Randín, en horario de 9.00 a 14.00 horas, ou por calquera dos medios admitidos en dereito. En caso de presentar a solicitude noutro organismo oficial, remitirá ao correo deste concello: (concello.calvosderandin@eidolocal.es) unha copia desta o mesmo día da súa presentación, debidamente selada polo organismo oficial.
6.º Exposición das bases: o texto completo das bases de selección está publicado no taboleiro de anuncios do concello.

Volver