Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

OFERTA DE DEZ POSTOS DE TRABALLO TEMPORAIS NO CONCELLO DE BALTAR

10 Dec 2020

Son para un/ha traballador social e para nove auxiliares de axuda a domicilio

O concello de Baltar fai públicas no BOP do 10 de decembro as convocatorias aos procesos selectivos para a contratación laboral e laboral temporal  que se indica a continuación, segundo as bases aprobadas por resolución da alcaldía nos expedientes 279 e 280/2020:

1.- Número e denominación: nove auxiliares de axuda a domicilio e creación dunha bolsa de emprego e un/unha traballador/a social, xornada a tempo completo.

2.- Modalidade de contratación: contrato laboral temporal a xornada parcial (20 horas semanais) e contrato laboral temporal para obra ou servizo determinado. (Proxecto anual 2021 prestación do servizo social comunitario do concello de Baltar).

3.- Duración do contrato: 1 ano (do 01/01/2021 deica o 31/12/2021).

4.- Sistema de selección: concurso de méritos e concurso de valoración de méritos

5.- Retribucións brutas mensuais (axuda a domicilio): 554,17 €/mes (incluídos pppe).

6.- Lugar e prazo de presentación de instancias: 3 días hábiles contados dende o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP, no rexistro do concello de Baltar, en horario de 09:00 a 14:00 horas, ou por calquera dos medios admitidos en dereito.

7.- Exposición das bases: o texto completo das bases de selección están publicadas no taboleiro de anuncios do concello e na sede electrónica municipal http://baltar.sedelectronica.gal

Volver