Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

OFERTA DE DEZ POSTOS DE TRABALLO TEMPORAIS NO CONCELLO DE BALTAR

16 Xul 2021

Formarán as brigadas contra incendios forestais

O concello de Baltar fai pública no BOP do 16 de xullo a convocatoria de selección de persoal para a provisión de dúas/dous xefas/es de brigada, dúas/dous pións-condutoras/es e seis pións forestais. A alcaldía, mediante a resolución do día 13/07/2021, aprobou as bases ás que se axustará o concurso-oposición para seleccionar e contratar temporalmente dúas/dous xefas/es de brigada, dúas/dous pións-condutoras/es e seis peóns forestais. Os/as interesados/as poderán presentar as súas solicitudes no rexistro do concello de 9:00 a 14:00 h, ou por calquera dos medios admitidos en dereito, durante o prazo dos cinco días hábiles seguintes ao da publicación deste anuncio no BOP. As solicitudes recollerán os requisitos establecidos nas bases, que se atopan a disposición do público no taboleiro de anuncios do concello e na sede electrónica https://baltar.sedelectronica.gal

Volver