Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

OFERTA DE NOVE POSTOS DE TRABALLO NO CONCELLO DOS BLANCOS

27 Abr 2021

Son prazas temporais para pión forestal e tractorista

O concello dos Blancos fai público no BOP do 27 de abril por decreto da alcaldía, con data do 22 de abril de 2021, a aprobación das bases específicas para a selección e posterior contratación de oito traballadores no posto de pión forestal, e un posto de tractorista de  conformidade co programa de cooperación subscrito coa Deputación de Ourense en materia de empregabilidade.

Denominación dos postos: pións forestais e tractorista

Duración do contrato: tres meses.

Clase de persoal: laboral temporal.

Prazo de presentación de solicitudes: nos sete días naturais seguintes ao da publicación do anuncio da convocatoria no BOP, no Rexistro Xeral do Concello, en horario de 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres.

Máis información, nas bases específicas da convocatoria que poderán ser consultadas na casa do concello dos Blancos, en horario de oficina e na sede electrónica do concello: www.osblancos.sedelectronica.gal 

Volver