OFERTA DE DEZ POSTOS DE TRABALLO NO CONCELLO DO IRIXO
Formarán dúas brigadas contra incendios forestais
O concello do Irixo fai público no BOP do 27 de xuño, que, por resolución da alcaldía, do día 22 de xuño de 2022, aprobáronse as bases específicas para a selección e posterior contratación de dez traballadores/as para a formación de dúas brigadas de prevención e defensa contra incendios, ao abeiro do convenio de colaboración subscrito entre a consellaría do Medio Rural e o concello do Irixo para a participación na prevención e defensa contra os incendios forestais.
Número e denominación das prazas: 2 brigadas para a prevención e defensa contra incendios forestais (2 xefes/as de brigada, 2 condutores/as e 6 pións/pioas).
Modalidade de contratación: a prevista na DA 5ª da Lei 32/2021 da Reforma laboral, para a execución de programas de
carácter temporal con financiación procedente de fondos da Unión Europea.
Duración do contrato: 3 meses.
Sistema de selección: concurso-oposición.
Prazo de presentación de solicitudes: nos cinco días hábiles seguintes ao da publicación no BOP do anuncio de convocatoria, prioritariamente no rexistro electrónico do Concello (oirixo.sedelectronica.es), ou, no seu caso, no rexistro xeral do concello en horario de 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres. Máis información nas bases específicas de convocatoria, que poderán ser consultadas no concello do Irixo en horario de oficina e na sede electrónica: http://oirixo.sedelectronica.es/