OFERTA DE DEZ POSTOS DE TRABALLO NO CONCELLO DE VILARDEVÓS
Formarán as "Brigadas de prevención de defensa contra os incendios forestais"
O concello de Vilardevós fai pública no BOP do 8 de xuño, por resolución da alcaldía, do 5 de xuño de 2018, a aprobación das bases para a contratación polo sistema de concurso-oposición de seis pións, dous pións condutores/as e dúas/dous xef@s de brigada do servizo "Brigadas de prevención de defensa contra os incendios forestais". Os/as interesados/as poderán presentar as súas solicitudes no Rexistro do concello, de 9.00h a 14.00 h, durante o prazo dos cinco días hábiles seguintes á publicación deste anuncio As solicitudes recollerán os requisitos establecidos nas bases, que se atopan a disposición do público na casa do concello e na sede electrónica do Concello de Vilardevós:
http://vilardevos.sedelectronica.gal

