OFERTA DE DEZ POSTOS DE TRABALLO NO CONCELLO DE TRASMIRAS
Formarán dúas brigadas contra incendios forestais
O concello de Trasmiras publica no BOP do 1 de xuño que, por decreto da alcaldía do 26 de maio de 2021, aprobou as bases específicas para a selección e posterior contratación de dez traballadores/as para formar dúas brigadas de prevención e defensa contra incendios, ao abeiro da addenda segunda do convenio de colaboración entre a Consellería do Medio Rural e do Mar e o Concello de Trasmiras para participar na prevención e defensa contra os incendios forestais mediante a actuación de brigadas de prevención e defensa.
- Denominación dos postos: dous/dúas xefes/as de brigada; e oito peóns/peoas de brigada, con dispoñibilidade de condución
- Duración do contrato: tres meses
- Modalidade de contratación: contrato laboral temporal por obra ou servizo determinado, a tempo completo
- Sistema de selección: concurso-oposición
- Prazo de presentación de solicitudes: nos cinco días hábiles seguintes ao da publicación do anuncio de convocatoria no BOP, no Rexistro Xeral do concello en horario de 9.00 a 14.00 horas, de luns a venres
Máis información nas bases específicas da convocatoria que poderán ser consultadas no Concello de Trasmiras, en horario de oficina, e na sede electrónica: http//:trasmiras.sedelectronica.gal

