Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

OFERTA DE DEZ POSTOS DE TRABALLO NO CONCELLO DE SANDIAS

08 Xun 2020

Son para formar a brigada de prevención e defensa contra incendios forestais

Unha vez aprobadas as bases de selección para a contratación de persoal para dúas brigadas de prevención e defensa contra incendios forestais para o exercicio 2020, o concello de Sandiás publíca o resumo da convocatoria no BOP do 8 de xuño para xeral coñecemento e chamamento ao concurso-oposición. (Convenio coa Xunta para a prevención e extinción de incendios forestais, cofinanciado fondos Feader):

1.- Número e denominación das prazas:

- Oito traballadoras/es como pións de brigada de prevención e defensa contra incendios forestais con disposición de condución.

- Dúas/Dous traballador@s como xef@s de brigada de prevención e defensa contra incendios forestais.

2.- Modalidade de contratación: contrato laboral temporal por obra/ servizo determinado a tempo completo.

3.- Duración do contrato: tres meses.

4.- Sistema de selección: concurso-oposición

5.- Prazo e lugar de presentación de solicitudes: ante a necesidade da contratación e  cumprimento dos prazos de xustificación da subvención e realización do servizo, cinco días hábiles contados dende o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP, no rexistro xeral do concello, en horario de 9.00 a 14.30 h (se o día en que finalice o prazo de presentación de instancias fose sábado ou día inhábil o prazo finalizará o primeiro día hábil seguinte.

6.- O texto íntegro das bases de selección publicarase no taboleiro de anuncios do Concello de Sandiás, situado nas oficinas municipais, na súa páxina web (www.sandias.es) e na sede electrónica (www.sandias.sedelectronica.gal)

7.- Os anuncios sucesivos publicaranse exclusivamente na páxina web do concello (www.sandias.es), na sede electrónica (www.sandias.sedelectronica.gal) e no taboleiro de anuncios do concello de Sandiás.

Volver