OFERTA DE DEZ POSTOS DE TRABALLO NO CONCELLO DE SANDIAS
Formarán dúas brigadas contra incendios forestais
Unha vez aprobadas as bases de selección para contratación de persoal para dúas brigadas de prevención e defensa contra incendios forestais para o exercicio 2023, o concello de Sandiás publica no BOP do 21 de xuño o resumo da convocatoria para xeral coñecemento e chamamento ao concurso-oposición (Convenio coa Xunta para a prevención e extinción de incendios forestais, cofinanciado con fondos FEADER):
1. Número e denominación das prazas:
- 8 traballadores/as como pións/pioas de brigada de prevención e defensa contra incendios forestais, con disposición de condución.
- 2 traballadores/as como xefe/a de brigada de prevención e defensa contra incendios forestais.
2. Modalidade de contratación: temporal de duración determinada (DA quinta do RDL 32/2021, do 28 de decembro).
Contrato vinculado ao convenio subscrito coa consellaría do Medio Rural da Xunta de Galicia, que está cofinanciado polo
Feader dentro da submedida 8.3 “axuda para a prevención dos danos causados aos bosques por incendios, desastres naturais e catástrofes” do Programa de Desenvolvemento Rural (PDR) 2014-2020
3. Duración do contrato: tres meses.
4. Sistema de selección: concurso-oposición.
5. Prazo e lugar de presentación de solicitudes: ante a necesidade da contratación e cumprimento dos prazos de xustificación da subvención e realización do servizo, cinco días hábiles, que contarán desde o seguinte á publicación deste anuncio no BOP, no rexistro xeral do concello, en horario de 9.00 a 14.30 h (se o día en que finalice o prazo de presentación de instancias fose sábado ou día inhábil, o prazo finalizará o primeiro día hábil seguinte).
6. O texto íntegro das bases de selección publicarase no taboleiro de anuncios do concello de Sandiás, situado nas oficinas municipais, na súa páxina web (www.sandias.es) e na sede electrónica (sandias.sedelectronica.gal)
7. Os anuncios sucesivos publicaranse exclusivamente na páxina web do concello (www.sandias.es), na sede electrónica
(sandias.sedelectronica.gal) e no taboleiro de anuncios do concello de Sandiás.