OFERTA DE DEZ POSTOS DE TRABALLO NO CONCELLO DE MUIÑOS
Formarán as brigadas contra incendios forestais
Convocatoria do concello de Muiños publicada no BOP do 25 de maio, para a contratación laboral que se indica segundo as bases aprobadas polo acordo da xunta de goberno local de data 20 de maio de 2021:
1.- Número e denominación das prazas (Convenio de colaboración coa consellaría de Medio Rural): dúas/dous xefas/es de brigada, dúas/dous pións condutor@s e seis pións forestais para a formación de dúas brigadas de prevención e defensa contra incendios forestais.
2. Modalidade de contratación: contrato laboral temporal por obra ou servizo determinado a xornada completa.
3.- Duración do contrato: 3 meses.
4.- Sistema de selección: concurso-oposición.
5.- Prazo e lugar de presentación de instancias: nos cinco días hábiles seguintes ao de publicación do presente anuncio de convocatoria no BOP, no rexistro xeral do concello en horario de 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres, ou por calquera dos medios admitidos en dereito.
6.- Exposición de bases: o texto completo das bases de selección están publicadas no taboleiro de anuncios, na páxina web do concello www.concellomuinos.com e na sede electrónicadeste concello http://concellomuinos.sedelectronica.gal

