Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

OFERTA DE DEZ POSTOS DE TRABALLO NO CONCELLO DE BOBORÁS

14 Xun 2021

Formarán as brigadas forestais

O concello de Boborás fai público no BOP do 14 de xuño a convocatoria de selección de persoal para a provisión dos seguintes postos de traballo: 2 xefes/as de brigada, 2 pións condutores/as e 6 pións. Mediante o acordo de Xunta de Goberno do 9 de xuño de 2021, aprobáronse as bases reguladoras ás que se axustará o concurso-oposición para a selección e contratación temporal de 2 xefes/as de brigada, 2 pións condutores/as e 6 pións.

Os/as interesados/as poderán presentar as súas solicitudes no rexistro do concello, de 9.00 a 14.00 h, ou por calquera dos medios admitidos en dereito, durante o prazo de 5 días hábiles, que se contarán o seguinte ao de publicarse este anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Ourense. As solicitudes recollerán os requisitos que establecen as bases, que se atopan á disposición do público no concello e na web www.boboras.gal

Volver