OFERTA DE 14 POSTOS DE TRABALLO NO CONCELLO DA MEZQUITA
Son para diferentes categorías
O concello da Mezquita, unha vez aprobadas por resolución da Alcaldía de data 11 de maio do 2017, as bases que rexerán a contratación temporal por concurso – oposición dos seguintes postos:
. Auxiliar axuda a domicilio: (1) contrato temporal a tempo completo, de duración ata o 31 de decembro do 2017.
. Condutor de tractor con rozadora: (1) contrato temporal a tempo completo, de duración segundo a subvención concedida.
. Peón obras: (2) contrato temporal a tempo completo, de duración segundo a subvención concedida.
. Brigadas de incendios: (2) xefe de brigada, (2) peón condutor e (6) peón: contrato temporal a tempo completo, de duraciónsegundo a subvención concedida
Os/as interesados/as poderán presentar a súas solicitudes, dirixidas ao alcalde, no rexistro do concello, das 09.00 ás 14.00 horas, ou a través de calquera dos medios que prevé a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, durante o prazo de cinco días hábiles seguintes ao da publicación deste anuncio no BOP (29/5/17). As solicitudes recollerán os requisitos establecidos nas bases, que podes descarregar abrindo os arquivos pdf que están debaixo da fotografía.

