OFERTA DE DEZ POSTOS DE TRABALLO NO CONCELLO DA BOLA
Son para auxiliares de axuda no fogar
O concello da Bola fai público no BOP do 19 de novembro por resolución da alcaldesa do 16 de novembro de 2021, a aprobación das Bases para a selección e posterior contratación de dez auxiliares de axuda no fogar.
Os contratos serán:
- nove: de luns a venres, festivos incluídos, cos descansos que establece a lei. Destes:- catro serán a xornada completa (40 horas semanais), con xornada de mañá e tarde.
- cinco a xornada parcial, con xornada flexible en función das necesidades do servizo.
- un: de xornada parcial (25 horas semanais) para desenvolver as tarefas propias do servizo as fins de semana (sábados e domingos) e para cubrir permisos e días de descanso das outras auxiliares.
Duración do contrato: dende 01/01/2022 até o 31/12/2022
Clase de persoal: laboral temporal
Prazo de presentación das solicitudes: nos sete días hábiles seguintes ao de publicarse o anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia, no Rexistro Xeral do concello, en horario de 9.00 a 14.00 horas, de luns a venres.
Máis información nas bases da convocatoria, que poderán ser consultadas no Concello da Bola, en horario de oficina

