OFERTA DE DEZ CONTRATOS TEMPORAIS NO CONCELLO DE VIANA DO BOLO
Crea as brigadas de prevención e extinción de incendios forestais
O concello de Viana do Bolo fai pública no BOP do 14 de xullo a convocatoria do proceso selectivo de persoal laboral temporal mediante o sistema de concurso-oposición libre para a contratación de brigadas de prevención, vixilancia e defensa contra os incendios forestais 2020
Proceso selectivo
Mediante Resolución da Alcaldía nº 171, do 8 de xullo, aprobáronse as bases da convocatoria do proceso selectivo de persoal laboral temporal, mediante o sistema de concurso oposición libre para a formación de dúas brigadas de prevención e extinción de incendios forestais que prestarán servizo no concello de Viana do Bolo ao abeiro do convenio interadministrativo subscrito entre a consellaría do Medio Rural e entidades locais para a participación na prevención e defensa contra incendios forestais durante o ano 2020, cofinanciado parcialmente co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento (Feader) no marco do PDR de Galicia 2014-2020, co seguinte detalle:
Posto de traballo: xefe de brigada; nº de prazas: 2; duración: 3 meses; retribucións brutas mensuais: 1.217,88 € (incluídas PPEE).
Posto de traballo: pión de brigada - condutor; nº de prazas: 2; duración: 3 meses; retribucións brutas mensuais: 1.108,69 € (incluídas PPEE).
Posto de traballo: pión de brigada; nº de prazas: 6; duración: 3 meses; retribucións brutas mensuais: 1.108,69 € (incluídas PPEE).
As bases da convocatoria atópanse expostas ao público á disposición das persoas interesadas nas oficinas municipais situadas na rúa Constitución, nº 14 de Viana do Bolo, así como no taboleiro de anuncios, na sede electrónica deste concello [https://vianadobolo.sedelectronica.gal/info.0] e na páxina web www.vianadobolo.gal. O prazo de presentación de instancias será de 5 días hábiles, contado dende o seguinte ao de publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia.

