Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

OFERTA DE CONTRATACIÓN TEMPORAL NO CONCELLO DE XUNQUEIRA DE AMBÍA

20 Mai 2021

Buscan un/ha condutor/a de máquina rozadora

Unha vez aprobadas as bases de selección para cubrir un posto de traballo de persoal laboral temporal, o concello de Xunqueira de Ambía fai público no BOP do 20 de maio o resumo da convocatoria para xeral coñecemento e chamamento ao concurso (Exp. 5/2021).

- Número e denominación dos postos: un/unha condutor/a de máquina rozadora

- Modalidade de contratación: contrato laboral temporal por obra/servizo determinado a tempo completo

- Duración do contrato: 3 meses

- Sistema de selección: concurso de méritos

- Bases da convocatoria: poderanse obter nas oficinas municipais e no apartado de emprego público da sede electrónica municipal: https://xunqueiradeambia.sedelectronica.es

- Prazo de presentación de solicitudes: 5 días hábiles, contados dende o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP, no rexistro do concello de Xunqueira de Ambía (praza San Rosendo, 1, 32670, Xunqueira de Ambía), en horario de 09.00 a 14.00 horas, ou por calquera outro medio admitido en Dereito

Volver