Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

OFERTA DE CINCO PRAZAS TEMPORAIS NO CONCELLO DE XUNQUEIRA DE AMBÍA

27 Xun 2019

Crean a brigada antiincendios forestais

O concello de Xunqueira de Ambía fai pública a convocatoria de selección de persoal “Brigada de incendios” para a provisión dos seguintes postos de traballo:
1 xefa/e de brigada,
1 pión-condutor/a
3 pións
A alcaldía, mediante a resolución do 24 de xuño 2019, aprobou as bases ás que se axustará a selección e contratación laboral temporal. Os/as interesados/as poderán presentar as súas solicitudes no rexistro do concello de 9.00 a 14.00 h, durante o prazo de cinco días hábiles seguintes ao da publicación deste anuncio no BOP. As solicitudes recollerán os requisitos establecidos nas bases, que se atopan a disposición do público no concello e na páxina web do concello de Xunqueira de Ambía.

Volver