Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

OFERTA DE CINCO PRAZAS NO CONCELLO DE XUNQUEIRA DE AMBIA

17 Set 2021

Buscan 4 xerocultores/as e 1 cociñeiro/a para a vivenda comunitaria

O concello de Xunqueira de Ambía fai público no BOP do 17 de setembro que, unha vez aprobadas as novas bases de selección para cubrir 5 postos de traballo de persoal laboral temporal mediante o decreto da alcaldía do 14/09/2021, publícase o resumo da convocatoria para coñecemento xeral e chamamento ao proceso selectivo (exp. 244/2021).

Número e denominación dos postos: 4 xerocultores/as e 1 cociñeiro/a para a vivenda comunitaria do concello de Xunqueira de Ambía Modalidade de contratación: contrato laboral temporal por obra/servizo determinado, a xornada completa, para o posto de xerocultor/a; e a media xornada para o posto de cociñeiro/a

Duración do contrato: 18 meses

Sistema de selección: concurso

Bases da convocatoria: poderanse obter nas oficinas municipais e no apartado de emprego público da sede electrónica municipal https://xunqueiradeambia.sedelectronica.es

Prazo de presentación de solicitudes: 5 días hábiles, que contarán desde o día seguinte ao de publicarse este anuncio no BOP, no rexistro do concello de Xunqueira de Ambía (praza San Rosendo, 1, 32670, Xunqueira de Ambía), en horario de 9.00 a 14.00 horas, ou por calquera outro medio admitido en dereito.

Volver