OFERTA DE CINCO PRAZAS NO CONCELLO DA BOLA
Son para a formación dunha brigada de prevención e defensa contra incendios
O concello da Bola por resolución da alcaldesa, de data 26 de maio do 2017, aprobou as bases para a selección e posterior contratación de cinco traballadores para a formación dunha brigada de prevención e defensa contra incendios. A denominación dos postos é: un/ha xefe/a de brigada, un/ha pión-condutor de brigada e tres pións de brigada. A duración do contrato será de tres meses. Serán persoal laboral temporal. O prazo de presentación das solicitudes será de cinco días hábiles seguintes ao de publicación do anuncio da convocatoria no BOP (2/6/17), no rexistro xeral do concello en horario de 9.00 a 14.00 horas, de luns a venres ou por calquera dos medios previstos na lei. Máis información nas bases da convocatoria que poderán ser consultadas no concello da Bola en horario de oficina.

