Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

OFERTA DE CINCO POSTOS TEMPORAIS NO CONCELLO DE CASTRELO DE MIÑO

15 Xun 2020

Son postos para xef@ de brigada, pións e pións condutor@s

O concello de Castrelo de Miño fai pública no BOP do 15 de xuño a convocatoria para a selección de cinco traballadoras/es para a brigada de prevención e defensa contra incendios forestais do concello de Castrelo de Miño (Ourense)

Convocatoria para a contratación laboral que se indica:

1. Número de prazas: cinco (convenio de colaboración coa consellaría do Medio Rural)

2. Un/ha xefa/e de brigada de prevención e defensa contra incendios forestais.

3. Un/ha pión condutor/a de brigada de prevención e defensa contra incendios forestais.

4. Tres pións de brigada de prevención e defensa contra incendios forestais.

5. Modalidade de contratación: contratación laboral temporal para obra ou servizo determinado.

6. Xornada: completa

7. Sistema de selección: concurso-oposición

8. Duración do contrato: 3 meses.

9. Prazo e lugar para a presentación de solicitudes: 5 días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP de Ourense, no rexistro xeral do concello de Castrelo de Miño, en horario de 08:30 a 14:30 horas; na sede electrónica do concello ou a través de calquera dos medios que prevé a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común. Se o día en que finalice o prazo de presentación de instancias  fose sábado ou día inhábil o prazo finalizará o primeiro día hábil seguinte.

10. O texto íntegro das bases da convocatoria está publicado integramente no taboleiro de anuncios da sede electrónica do concello https://castrelo.sedelectronica.gal

Volver