OFERTA DE CINCO POSTOS NO CONCELLO DA GUDIÑA
Conformarán a brigada de prevención e defensa contra incendios forestais
O concello da Gudiña fai público o anuncio no BOP para a seguinte contratación de persoal laboral temporal
1.- Prazas:
Tres (3) peóns de brigada de prevención e defensa contra incendios forestais.
Un (1) peón-condutor de brigada de prevención e defensa contra incendios forestais.
Un (1) xefe de brigada de prevención e defensa contra incendios forestais.
2.- Modalidade contractual
A modalidade contractual será de obra ou servizo determinado a xornada completa do artigo 15.1 do Estatuto dos traballadores por un período de tres meses.
3.- Procedemento selectivo e documentación
A establecida nas bases reguladoras de contratación aprobadas por decreto da Alcaldía do 5 de maio 2017.
4.- Prazo de presentación de instancias
Presentaranse no Rexistro Xeral do Concello da Gudiña durante o prazo de 5 días hábiles (agás sábados) dende o día seguinte á publicación do anuncio (2/6/17).
As contratacións están financiadas a través do Convenio entre a Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia e o Concello da Gudiña para a creación dunha brigada de prevención e defensa contra incendios forestais.

