OFERTA DE CINCO POSTOS DE TRABALLO TEMPORAIS NO CONCELLO DO BOLO
Formarán a brigada contra incendios forestais
Convocatoria do concello do Bolo, publicada no BOP do 17 de xuño para a contratación laboral dunha brigada de prevención e defensa contra incendios forestais 2022, segundo as bases aprobadas pola Resolución da Alcaldía, do día 14 de xuño de 2022.
- 1 xefa/e de brigada
- 1 pión- condutor/a
- 3 pións
Modalidade de contratación: contrato laboral a xornada completa.
Duración: 3 meses.
Sistema de selección: concurso de méritos.
Bases da convocatoria: oficinas municipais, www.obolo.es, http://obolo.sedelectronica.gal
Lugar e prazo de presentación de instancias: no rexistro xeral do concello do Bolo ou polas outras formas previstas na Lei do procedemento administrativo común no prazo de 3 días laborais contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP.

