OFERTA DE CINCO POSTOS DE TRABALLO TEMPORAIS NO CONCELLO DE VILARDEVOS
Solicitan albaneis e pións
O concello de Vilardevós, por resolución da alcaldía, do 13 de maio de 2021, aprobou as bases para a contratación polo sistema de concurso oposición, dun/dunha oficial de 2º albanel e catro pións de obras públicas e xardinería para a brigada municipal de obras e servizos do concello de Vilardevós, facéndoo público no BOP do 15 de maio.
Os/as interesados/as poderán presentar as súas solicitudes no rexistro do concello de 09.00h a 14.00 horas, durante o prazo de 5 días hábiles seguintes ao da publicación deste anuncio. As solicitudes recollerán os requisitos establecidos nas bases que se atopan a disposición do público na casa do concello e na sede electrónica do concello de Vilardevós:
http://vilardevos.sedeelectronica.gal

