Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

OFERTA DE CINCO POSTOS DE TRABALLO TEMPORAIS NO CONCELLO DE VILAR DE SANTOS

06 Xul 2020

Formarán a brigada contra incendios forestais

O concello de Vilar de Santos fai pública no BOP do 6 de xullo a convocatoria para a contratación laboral que se indica:
1.- Número de prazas: 5 (Convenio de colaboración coa Consellería de Medio Rural)
- 4 pións de brigada de prevención e defensa-extinción contra incendios forestais.
- 1 xefa/e de brigada de prevención e defensa-extinción contra incendios forestais.
2.- Modalidade de contratación: contratación laboral temporal para obra ou servizo determinado.
3.- Xornada: completa
4.- Sistema de selección: concurso de méritos
5.- Duración do contrato: 3 meses.
6.- Prazo e lugar para a presentación de solicitudes: 5 días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación deste
anuncio no Boletín Oficial da Provincia, no rexistro xeral do concello en horario de 9:00 a 14:30 h.
7.- O texto íntegro das bases de selección está publicado no taboleiro de anuncios e na páxina web do concello www.vilardesantos.gal

Volver