Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

OFERTA DE CINCO POSTOS DE TRABALLO TEMPORAIS NO CONCELLO DE SANDIAS

30 Xun 2022

Son para a brigada contra lumes forestais

Unha vez aprobadas as bases de selección para contratación de persoal para unha brigada de prevención e defensa contra incendios forestais para o exercicio 2022,  o concello de Sandiás publica o resume da convocatoria para xeral coñecemento e chamamento ao concurso-oposición (convenio coa Xunta para a prevención e extinción de incendios forestais, cofinanciado fondos FEADER):

1.- Número e denominación das prazas:

- 4 Traballadoras/es como pións de brigada de prevención e defensa contra incendios forestais con disposición de condución.

- 1 Traballador/a como xefa/e de brigada de prevención e defensa contra incendios forestais.

2.- Modalidade de contratación: temporal de duración determinada (DA quinta do RDL 32/2021, do 28 de decembro).

Contrato vinculado ao convenio subscrito coa consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia que está cofinanciado polo Feader dentro da submedida 8.3 “axuda para a prevención dos danos causados aos bosques por incendios, desastres naturais e catástrofes” do Programa de Desenvolvemento Rural (PDR) 2014-2020.

3.- Duración do contrato: tres meses.

4.- Sistema de selección: concurso-oposición.

5.- Prazo e lugar de presentación de solicitudes: ante a necesidade da contratación e cumprimento dos prazos de xustificación da subvención e realización do servizo, cinco días hábiles contados dende o seguinte á publicación deste anuncio no BOP, no rexistro xeral do Concello, en horario de 9.00 a 14.30 horas (se o día no que finalice o prazo de presentación de instancias fose sábado ou día inhábil o prazo finalizará o primeiro día hábil seguinte).

6.- O texto íntegro das bases de selección publicarase no taboleiro de anuncios do Concello de Sandiás, situado nas oficinas municipais, na súa páxina web (www.sandias.es) e na sede electrónica (sandias.sedelectronica.gal).

7.- Os anuncios sucesivos publicaranse exclusivamente na páxina web do concello (www.sandias.es), na sede electrónica (sandias.sedelectronica.gal) e no taboleiro de anuncios do concello de Sandiás

Volver