Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

OFERTA DE CINCO POSTOS DE TRABALLO TEMPORAIS NO CONCELLO DE SAN CRISTOVO DE CEA

13 Ago 2019

Formarán a brigada antiincendios forestais

O concello de San Critovo de Cea fai pública no BOP do 13 de agosto a convocatoria para a contratación laboral que se indica segundo as bases aprobadas por acordo da Xunta de Goberno Local de 29 de xullo de 2019:
1.- Número e denominación das prazas (Convenio de colaboración coa Consellería de Medio Rural): 1 xefa/e de brigada, 1 pión condutor/a e 3 pións forestais para a formación de dúas brigadas de prevención e defensa contra incendios forestais.
2. Modalidade de contratación: contrato laboral temporal por obra ou servizo determinado a xornada completa.
3.- Duración do contrato: 3 meses.
4.- Sistema de selección: concurso-oposición.
5.- Prazo e lugar de presentación de instancias: nos cinco días hábiles seguintes ao de publicación deste anuncio de convocatoria no BOP, no rexistro xeral do concello en horario de 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres, ou por calquera dos medios admitidos en dereito.
6.- Exposición de bases: o texto completo das bases de selección están publicadas no taboleiro de anuncios, na páxina web do concello (www.concellodecea.com) e na sede electrónica deste concello
[http://concellosancristovodecea.sedelectronica.gal].

Volver