Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

OFERTA DE CINCO POSTOS DE TRABALLO TEMPORAIS NO CONCELLO DE PORQUEIRA

16 Xul 2019

Son postos para a brigada antiincendios forestais

O concello de Porqueira, unha vez aprobadas as bases de selección para a contratación de persoal para unha brigada de prevención e defensa contra incendios forestais para o exercicio 2019, fai público no BOP do 16 de xullo o resumo da convocatoria para xeral coñecemento e chamamento o concurso (Convenio coa Xunta para a prevención y extinción de incendios forestais, cofinanciado con fondos FEADER).
1.- Número e denominación das prazas:
- 1 traballador/a como xefa/e de brigada de prevención e defensa contra incendios forestais.
- 1 pión condutor/a da brigada de prevención e defensa contra incendios forestais.
- 3 pións de brigada de prevención e defensa contra incendios forestais.
2.-Modalidade de contratación: contrato laboral temporal por obra ou servizo determinado a tempo completo.
3.-Duración do contrato: 3 meses.
4.- Sistema de selección: concurso
5.- Prazo e lugar de presentación de solicitudes: ante a necesidade de contratación e o cumprimento dos prazos de xustificación da subvención e a realización do servizo, cinco días naturais contados desde o seguinte á publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia, no rexistro xeral do concello, en horario de 9:00 a 14:0 horas (se o día no que finalice o prazo de presentación de instancias fose sábado ou un día inhábil, o prazo finalizará o primeiro día hábil seguinte).
6.- O texto íntegro das bases de selección publicarase no taboleiro de anuncios do concello.
7.- Os anuncios sucesivos publicaranse exclusivamente no taboleiro de anuncios do concello.

Volver