Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

OFERTA DE CINCO POSTOS DE TRABALLO TEMPORAIS NO CONCELLO DE MASIDE

15 Xun 2022

Formarán a brigada contra incendios forestais

A alcaldía do concello de Maside, fai público no BOP do 15 de xuño que, mediante a resolución do día 13 de xuño de 2022, aprobou as bases ás que se axustará o concurso para seleccionar e contratar a cinco persoas para a brigada de prevención e defensa contra incendios (un/ha xefa/e de brigada, un/ha pión condutor/a e tres pións) por un período de tres meses. Os/As interesados/as poderán presentar as súas solicitudes prioritariamente no rexistro electrónico do concello (www.maside.sedelectronica.gal) ou, no seu caso, no rexistro xeral deste concello, en horario de 9:00 a 14:00 h, durante o prazo dos cinco días hábiles seguintes ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia. As solicitudes recollerán os requisitos establecidos nas bases, que se atopan a disposición do público no concello e na sede electrónica deste concello (www.maside.sedelectronica.gal).

Volver