Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

OFERTA DE CINCO POSTOS DE TRABALLO TEMPORAIS NO CONCELLO DE LEIRO

17 Xun 2021

Formarán a brigada contra incendios forestais

Publicada no BOP do 17 de xuño a convocatoria para a contratación laboral que se indica a continuación, segundo as bases aprobadas o 10 de xuño de 2021:

1. Número e denominación das prazas: 1 traballador/a para prestar servizo como xefe/a de brigada, 1 traballador/a para prestar servizo como pión condutor/a e 3 traballadores/ as para prestar servizo como pións.

2. Modalidade de contratación: contrato laboral temporal a xornada completa (40 horas semanais)

3.Duración do contrato: ata fin de obra (3 meses)

4. Sistema de selección: concurso-oposición

5. Lugar e prazo de presentación das solicitudes: no rexistro do concello, de 9.00 a 14.00 h, ou por calquera dos medios admitidos en dereito, durante o prazo de cinco días hábiles, que contarán desde o seguinte ao de publicarse este anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Ourense.

6. Exposición das bases: o texto completo das bases de selección atópase á disposición do público no concello, na web (http://www.concellodeleiro.com/) e na sede electrónica (https://leiro.sedelectronica.es/)

Volver