Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

OFERTA DE CINCO POSTOS DE TRABALLO TEMPORAIS NO CONCELLO DE CUALEDRO

15 Mar 2022

Son para albaneis e tractorista

A alcaldía do concello de Cualedro fai público no BOP do martes 15 de marzo que, mediante a resolución do 11 de marzo de 2022, aprobou as bases ás que se axustará o concurso-oposición para seleccionar e contratar temporalmente a catro albaneis oficiais/oficialas de primeira a tempo completo durante 6 meses e un/unha tractorista a tempo completo durante 4 meses. Os/as interesados/as poderán presentar as súas solicitudes no rexistro do concello de 9.00 a 14.00 h, durante o prazo dos cinco días hábiles seguintes ao de publicarse este anuncio no BOP. As solicitudes recollerán os requisitos que establecen as bases, que se encontran a disposición do público no concello e na web https://cualedro.sedelectronica.es

Volver