Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

OFERTA DE CINCO POSTOS DE TRABALLO TEMPORAIS NO CONCELLO DE BOBORÁS

20 Xun 2022

Formarán a brigada contra incendios forestais

A alcaldía do concello de Boborás fai público no BOP do 18 de xuño que, mediante resolución do día 15 de xuño de 2022, aprobou as bases polas que se rexera o concurso-oposición para seleccionar e contratar temporalmente a cinco persoas para a brigada de prevención e defensa contra incendios (un/ha xefa/e de brigada, un/ha pión condutor/a e tres pións) por un período de tres meses.

As persoas interesadas poderán presentar as súas solicitudes no rexistro do concello de 9:00 a 14:00 h, ou por calquera dos medios admitidos en dereito, durante o prazo de 5 días hábiles, contados dende o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia.

As solicitudes recollerán os requisitos establecidos nas bases, que se atopan a disposición do público nas oficinas municipais, na sede electrónica do concello (boboras.sedelectronica.es) así como na páxina web (www.boboras.gal).

Volver