Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

OFERTA DE CINCO POSTOS DE TRABALLO TEMPORAIS NO CONCELLO DE AVION

03 Xul 2020

Formarán a brigada contra incendios forestais

O concello de Avión fai pública no BOP do 3 de xullo a convocatoria para a contratación laboral temporal que se indica:
1.- Número e denominación das prazas: brigada para a prevención e defensa contra incendios forestais composta por:
- 1 xefe/a de brigada,
- 1 pión condutor.
- 3 pións
2.- Modalidade de contratación: contrato laboral temporal a xornada completa, de duración determinada por obra ou servizo determinado.
3.- Duración do contrato: 3 meses.
4.- Sistema de selección: valoración de méritos e realización dunha proba de aptitude física.
5.- Lugar e prazo de presentación de solicitudes: no rexistro xeral do concello de Avión ou por calquera dos medios admitidos en dereito, nos 5 días naturais contados dende o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP.

Volver