Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

OFERTA DE CINCO POSTOS DE TRABALLO TEMPORAIS NO CONCELLO DE AVION

16 Xun 2021

Formarán unha brigada antiincendios forestais

O concello de Avión fai pública no BOP do 16 de xuño a convocatoria para a contratación laboral temporal que se indica:

1.Número e denominación das prazas: brigada para a prevención e defensa contra incendios forestais composta por:
- 1 xefe/a de brigada
- 1 pión condutor/a
- 3 pións.

2. Modalidade de contratación: contrato laboral temporal a xornada completa, de duración determinada por obra ou servizo determinado.

3. Duración do contrato: 3 meses

4. Sistema de selección: valoración de méritos e realización dunha proba de aptitude física.

5. Lugar e prazo de presentación das solicitudes: no rexistro xeral do xoncello de Avión ou por calquera dos medios  admitidos en dereito, nos 5 días naturais a partir do seguinte ao de publicarse este anuncio no BOP.

6. Exposición das bases: o texto completo das bases estará publicado no taboleiro de anuncios e no portal de transparencia do Concello de Avión: https://avion.sedelectronica.es/transparency/

Volver