Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

OFERTA DE CINCO POSTOS DE TRABALLO TEMPORAIS NO CONCELLO DA BOLA

08 Xul 2020

Formarán a brigada contra incendios forestais

O concello da Bola fai público no BOP do 8 de xullo a aprobación das bases para a selección e posterior contratación de cinco traballadores para a formación dunha brigada de prevención e defensa contra incendios.
Denominación dos postos: un/ha xefa/e de brigada, un/ha pión-condutor/a de brigada e tres pións de brigada.
Duración do contrato: tres meses.
Clase de persoal: laboral temporal
Prazo de presentación das solicitudes: nos tres días hábiles seguintes ao de publicación do anuncio da convocatoria no BOP, no rexistro xeral do concello en horario de 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres ou por calquera medio previsto na lei. Máis información nas bases da convocatoria que poderán ser consultadas no concello da Bola en horario de oficina.

Volver