OFERTA DE CINCO POSTOS DE TRABALLO TEMPORAIS NO CONCELLO DA BOLA
Formarán a brigada contra incendios forestais
O concello da Bola fai público no BOP do 17 de xuño que, por resolución da alcaldesa, do día 15 de xuño do 2023, aprobáronse as bases para a selección e posterior contratación de cinco traballadoras/es para a formación dunha brigada de prevención e defensa contra incendios.
Denominación dos postos: un/unha xefe/a de brigada, un/unha pión/pioa-condutor/a de brigada e tres pións/pioas de brigada.
Duración do contrato: tres meses.
Clase de persoal: laboral temporal
Prazo de presentación das solicitudes: nos tres días hábiles seguintes ao da publicación do anuncio da convocatoria no BOP, no rexistro xeral do concello, en horario de 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres ou por calquera medio previsto na lei. Máis información nas bases da convocatoria que poderán ser consultadas no concello da Bola en horario de oficina.