Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

OFERTA DE CINCO POSTOS DE TRABALLO NO CONCELLO DO PEREIRO DE AGUIAR

23 Xun 2022

Formarán a brigada contra incendios forestais

O concello do Pereiro de Aguiar fai pública no BOP do 23 de xuño a convocatoria de selección de persoal laboral temporal para a provisión dos seguintes postos de traballo:
• (1) Un/ha xefa/e de brigada
• (1) Un/ha pión condutor/a que terá o carné de conducir B
• (3) Tres pións de brigada
A Xunta de Goberno Local, na sesión extraordinaria do día 17 xuño de 2022, aprobou as bases reguladoras ás que se axustará o concurso – oposición para a selección e contratación temporal de 5 compoñentes da brigada de prevención e defensa contra incendios forestais para o ano 2022. Os interesados poderán presentar as súas solicitudes no rexistro do concello de 8:30 a 15:00 h, ou por calquera dos medios admitidos en dereito, durante o prazo de 3 días hábiles contados dende o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP. As solicitudes recollerán os requisitos establecidos nas bases, que se atopan a disposición do público no taboleiro de anuncios do concello e na páxina web: www.concellopereiro.com

Volver